RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Lucas Pérez súmase á Semana das Persoas Maiores de Cruz Vermella

Lucas Pérez participará nos actos da campaña #LaMayorOportunidad de Cruz Vermella, enmarcada na Semana das Persoas Maiores e no Día Internacional das Persoas de Idade, que se celebra o 1 de outubro.

Cruz Vermella, coa colaboración do Concello da Coruña, organiza unha semana de actividades formativas, divulgativas e de sensibilización ao redor da importancia da atención e prevención da soidade non desexada en persoas maiores.

O martes 3 de outubro ás 18:30 h. na Fundación Paideia, Lucas será o protagonista dunha charla sobre a experiencia para fomentar a conciencia e o compromiso da mocidade cara ao apoio comunitario, así como fortalecer os lazos entre os máis novos e as persoas maiores.

Lucas, que foi criado polos seus avós, compartirá a súa historia de vida e a súa perspectiva sobre o papel fundamental das persoas maiores e da importancia dunha contorna inclusiva.

A xornalista Isabel Bravo conducirá un acto cuxa apertura institucional correrá a cargo de Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Álvaro García Diéguez, presidente do RC Deportivo; e Manuel Viqueira Verea, presidente provincial de Cruz Vermella.

Para acudir á charla, ao tratarse dunha sala con prazas limitadas, os interesados poden inscribirse nesta ligazón.