RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Lucía Martínez renova co Dépor ABANCA até 2025

Lucía Martínez González (Madrid, 27 de novembro de 2001) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por unha temporada, até xuño de 2025.

Formada nas categorías inferiores do Rayo Vallecano e do CD Fundación Albacete, chegou ao conxunto branquiazul no último mercado de inverno despois de xogar temporada e media na Liga F defendendo as cores do Alhama CF (campaña 2022-23) e do Granada CF (primeira metade do curso 2023-24).

Así pois, a pesar da súa xuventude, acumula na máxima categoría do fútbol español un total de 41 partidos.

Co Dépor ABANCA, o balance de Lucía Martínez, é de 7 partidos oficiais, todos eles en Primera Federación Iberdrola.

A renovación de Lucía Martínez únese a outras xa confirmadas como as de Millene, Eva Dios e ADT, até xuño de 2025; Paula Gutiérrez, Cris Martínez, Samara, Yohana, Raquel García e Paula Monteagudo, todas elas até 2026; Carmen Carballada e Henar, até 2027, e Elena Vázquez, até 2028.