RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Luis Chacón: Este equipo ten unha base moi sólida dos xogadores que estaban o ano pasado

Luis Chacón, autor de 2 goles ante Unionistas de Salamanca CF, asegurou en zona mixta estar "moi contento polo debut en ABANCA-RIAZOR e que mellor maneira que facelo con 2 goles. Espero que siga así".

O atacante deportivista asegura que o seu obxectivo é "axustarme un pouco ao que viña do ano pasado. Este equipo ten unha base moi sólida dos xogadores que estaban o ano pasado. A miña intención é axustarme ao que xa viña feito. Hoxe con Iano o meu traballo era traballar por dentro; axudar a Hugo Rama e a Jose Ángel para levar o balón cara a adiante; e chegar á área, que é algo que me gusta tamén e que deu resultado".

Finalmente explica os seus 2 goles porque lle gusta chegar á área de segunda liña e "entón aprovéitome dos movementos dos dianteiros para chegar a esas zonas de remate que me gusta facer".