Luisinho e Bruno Gama se poñen a disposición de Cristóbal Parralo
Ao finalizar o adestramento desta mañá en Abegondo, Luisinho e Bruno Gama recibiron a alta médica e, por conseguinte, tamén están a disposición de Cristóbal Parralo para o partido deste domingo 17 de decembro no Camp Nou ante o FC Barcelona (20:45 horas, Movistar Partidazo).
Así pois, a pouco máis de 48 horas para este partido da 16ª xornada de LaLiga Santander, só dous futbolistas están de baixa médica: Fede Cartabia e Gerard Valentín.
Esta mañá quedaron no vestiario Costel Pantilimon, cunhas molestias lumbares; e Guilherme, cunha molestia nun adductor.
Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista: