RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Manuel Pablo pide ante a UD Llanera "paciencia" e "non caer no xogo de tentar atacar rápido"

Manuel Pablo compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo como previa do seu encontro ligueiro fronte á UD Llanera, previsto para mañá sábado 30 de novembro ás 16:30 en Abegondo (YouTube RC Deportivo).

O técnico fabrilista asegura que os xogadores que soben e baixan do primeiro equipo "téñeno bastante asumido. Foron moitas veces e moitas situacións. É certo que hai xogadores, como o caso de Aarón, que non puideron adestrar connosco e que a nivel de movementos e do que queremos poida non entender algunhas situacións pero son cousas que pasan e aos poucos irán collendo a idea que podemos ter".

Explica que desde a súa chegada ao banco do filial "estamos a cambiar algunhas cousas. O día do Avilés saín moi contento, contra un rival que era difícil. O outro día (ante o Coruxo FC en Abegondo) estivemos algo precipitados desde o primeiro minuto. Quixemos facer o gol moito antes de ter paciencia . Nese cambio de querer ser agresivos máis sen a pelota que coa pelota é onde nos equivocamos o outro día. Estamos a tentarlles dicir que teñan esa paciencia co balón, que teñen moi boas circulacións e que non confundan ser agresivos con balón a ser agresivos con pelota".

O adestrador do Fabril advertiu que o asturiano "é un equipo que simplifica moito as cousas, ataques rápidos, transicións... De mediocampo cara a adiante combinan rápido; e un estilo tipo Coruxo FC, segundos balóns e a partir de aí teñen boas accións".

Ademais, subliña que "defensivamente nunca se descompoñen. A súa liña defensiva sempre está preparada para situacións de transicións. O que temos que facer é o que non fixemos ante o Coruxo FC, ter paciencia, mover o balón dun lado para outro, non caer no xogo de tentar atacar rápido como nos atacan, tentar estar con paciencia e que non nos desesperemos nos primeiros minutos querendo facer o gol rápido".