RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

O Fabril visita mañá a un Bergantiños CF "que nos vai a esixir estar o mellor posible"

O Fabril enfróntase mañá domingo 24 de novembro ao Bergantiños CF nas Eiroas (17:00 horas), en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Após a derrota a pasada fin de semana en Abegondo ante o Coruxo FC (1-0), os fabrilistas son sétimos na táboa con 19 puntos.

Manuel Pablo explicou en rolda de prensa que "con respecto ao fin de semana perdemos a Luisao por sanción; máis Kevin por problemas musculares, e Pereira e Mardones, que están aínda en proceso de recuperación".

O técnico fabrilista advirte que o Bergantiños CF "xoga moi ben asociativamente. En casa é forte a pesar de que o seu último partido perdeu (0-4) contra o Compos, o seu único encontro perdido".

Conclúe que é "un rival da categoría que nos vai a esixir estar o mellor posible".

Ambos os equipos víronse as caras en Abegondo a pasada pretemporada, concretamente o 3 de agosto (na foto da noticia), nun amigable que levou o Fabril por 1-0 con gol de Luisao.

Precisamente o 'Bergan', que a pasada fin de semana perdeu pola mínima (1-0) en Pontevedra, é 11º na táboa con 16 puntos.

Nas Eiroas esta temporada venceu ao Real Avilés Industrial (4-1) e Real Ávila CF (2-1); empatou co CD Numancia de Soria (1-1), UD Llanera (2-2) e CD Laredo (1-1); e perdeu o citado encontro ante a SD Compostela (0-4).

O seu técnico, Jorge Cuesta, pide despois de 3 partidos consecutivos saldados con derrota "volver sumar para cambiar a dinámica. Por sorte xogamos en casa, onde vén moita xente para animarnos. E iso axúdanos moito".

Finalmente, o porteiro Santi Canedo mostra "confianza plena en que temos capacidade para sacar un bo resultado".