RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Manuel Pablo asegura dos fabrilistas estar "contento con como están a adestrar, con como se están adaptando ao que estamos a pedir"

Manuel Pablo, técnico do Fabril, asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que nestas primeiras semanas "vas coñecendo os xogadores un pouco máis. Aínda que os viches xogar, tes que velos adestrar, pero contento con como nos recibiron, con como están a adestrar, con como se están adaptando ao que estamos a pedir e nese sentido moi contento con todo".

Do partido ante o Coruxo FC da pasada fin de semana indica que "estivemos moi desordenados, moi precipitados. Tentamos que non haxa tanta ansia. Non se se era porque xogabamos en casa, porque en Avilés o equipo saíu bastante ben, metido no no que tiña que facer".

Admite que "sabiamos como xogaba o Coruxo FC e sabiamos que presionaba alto e incomodounos aí. Tentamos buscar solucións ás veces individuais. Estamos a tentar tentar levar a presión un pouco máis arriba e ser máis presionantes en campo contrario. E non confundirnos en que esa presión alta e esa esixencia de tentar defender cara adiante, que tampouco sexa todo xogar rápido. Niso estamos a incidir estas semanas".

Nesta liña, e de cara á visita ao Bergantiños CF deste domingo 24 de novembro ás 17:00 nas Eiroas, cre que "o Fabril ten moita calidade para ter balón e para non precipitarse. Iso foi o que nos pasou o outro día (ante o Coruxo FC), que queriamos chegar demasiado rápido ás situacións de gol".