RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Marchena: Conseguir o obxectivo é algo moi grande que hai que festexar

Carlos Marchena reconoció esta mañana na sala de prensa de Abegondo que esta semana "é especial  porque pode ser un día importante o sábado. Todos o queremos. Adestrar sempre coa mirada posta no sábado. Todo o

Nesta liña, cre que "conseguir o obxectivo é unha festa completísima, é algo moi grande que hai que festexar, cando se consiga. Creme que é un fiestón".

Curtido en mil batallas por todo o mundo, Marchena recomenda "ter cautela, paciencia. Hai que vivir o día a día sen estragarche para o"sábado .

Advirte que a ansiedade non vale como escusa: "Se o piloto ponse a tremer, igual non pode pilotar o avión. Se un futbolista non é capaz de soportar a presión por gañar, por lograr un obxectivo, igual non pode ser futbolista. Hai que saber xestionar a ansiedade que se poida ter e que eu creo que non temos".

A pesar de non ser habitual no once nos últimos partidos, advirte Marchena que "de cabeza estiven sempre dentro do equipo. Véxome inmerso en todo no equipo. E éso é moi importante. Cando estás dentro, metido, involucrado, non custa ningún traballo xogar".