O RC Deportivo fixo chegar unha importante oferta de renovación a Mario Soriano Carreño (Alcalá de Henares, Madrid, 22 de abril de 2002) e así poder deixar sen validez a cláusula de saída recollida no seu contrato.
No entanto, os obxectivos do futbolista madrileño son outros, ademais do seu desexo de xogar noutra categoría superior; polo que decidiu tomar outro camiño na súa traxectoria profesional.
O Dépor agradece a Mario Soriano a súa dedicación nas súas dúas temporadas na Coruña á vez que reforza a súa idea de que o proxecto estea integrado por futbolistas comprometidos ao cento por cento no reto de devolver ao Club ao fútbol profesional.