RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Tres sesións de traballo previas ao partido en Almería para Os Nosos, convencidos de que "isto vai ir para adiante"

Óscar Gilsanz disporá desde mañá xoves 14 de novembro de 3 sesións de adestramento para preparar o seguinte partido de liga, o UD Almería - Dépor deste domingo 17 de novembro ás 18:30 no UD Almería Stadium, correspondente á 15ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante a SD Eibar (1-0), deixaron a Os Nosos en 15ª posición con 16 puntos.

En rolda de prensa, David Mella afirmou respecto ao choque ante o conxunto vasco que "os partidos teñen moitas fases e nós tivemos unha fase moi boa de estar a lles atacar todo o intre. A eles tocoulles na segunda parte, tiveron ocasións claras para meter gol, que para iso están os porteiros, para salvarnos desas. Estabamos a sacar corners e nalgún momento tennos que entrar, e acabar coa xeira de perder e empatar".

En opinión do canteirán, protagonista pola súa renovación até 2029, "estes dous partidos seguidos gañando demostran o traballo que facemos día a día e eu creo que isto vai ir para adiante".

Cada día o cadro reúnese para almorzar a partir das 8:30 xa na instalación antes de saltar ao céspede ás 11:00. O equipo desprázase a Almería nun voo que despega do Aeroporto de A Coruña o sábado 16 ás 17:00.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Xoves 14 de novembro
11:00 h.

Venres 15 de novembro
11:00 h.

Sábado 16 de novembro
11:00 h.

Domingo 17 de novembro
18:30: UD Almería - Deportivo, no UD Almería Stadium