RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mario Soriano: "O equipo en moitos partidos mereceu moitísimo máis"

Mario Soriano admitiu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "este ano fóra de casa estánsenos dando mellor as cousas. En ABANCA-RIAZOR está a custarnos conseguir esas vitorias, pero o equipo en moitos partidos mereceu moitísimo máis, sobre todo en ABANCA-RIAZOR. En moitos partidos tivemos moitas ocasións e non entraron. Esa mala sorte estamos a tela en casa e fóra o equipo está a conseguir moitos puntos en comparación a outras temporadas".

Cre necesario "reforzar o tema de ABANCA-RIAZOR porque nos vai a vir moi ben para todos, para saír de abaixo. O equipo vai seguir traballando para poder conseguir as vitorias en casa".

O centrocampista branquiazul puxo en valor o punto sumado o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón: "Foi un partido moi complicado. O Sporting é un equipo moi forte, moi duro, que vai estar arriba. Temos que valorar o punto. Despois que eles nos metesen gol o equipo deu boa cara, viuse que queriamos ir a por a vitoria. Ao final empatamos e tivemos esa ocasión de Cristian. Hai que valorar o punto", concluíu.

Do Cádiz CF, rival este sábado 30 de novembro ás 18:30 no Nuevo Mirandilla (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2) lembra que "é un recentemente descendido de Primera. Ten xogadores moi bos, de Primera División. Tampouco lle están saíndo as cousas, teñen un punto máis que nós".

A nivel persoal, pensa que "xogar de mediocentro, na banda e de mediapunta vaime a facer mellor a min este ano. Estou a xogar moito máis de mediocentro, de 8 poderíase dicir. Atópome ben, a gusto e cómodo. Obviamente onde sinto máis cómodo é máis adiante para poder chegar á área, estar máis preto desas zonas de ataque; pero xogue na posición que xogue e onde o míster me poña estarei ben".

Explica Mario Soriano que nesa posición de 8 Óscar Gilsanz pídelle "como a todos os xogadores que xogamos aí que teña un pouco máis de cabeza, de non chegar tanto á área. Teño que saber tamén que á hora das tarefas defensivas teño que estar máis preto da liña defensiva, de axudar máis na área propia. Ter ese punto de pensar e co balón, que xogue como sei".