Max Svensson cre que ante a baixa de Quiles, "os demais temos que dar un paso á fronte para conseguir o obxectivo"
Max Svensson lembrou esta mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que, após o seu gol a pasada fin de semana ante o CD Castellón, "para un dianteiro sempre é moi importante marcar para seguir tendo esa confianza. Non está Quiles, os demais temos que dar un paso á fronte porque el é un xogador incrible. Xa o demostrou durante a temporada, ten gol, é unha pena que non estea e os demais temos que dar un paso á fronte para conseguir o obxectivo".
Cre que o Dépor logrou a pasada fin de semana "un marcador importante porque xa partimos desde a volta en que imos gañando". No entanto, recalca que "temos que ir mentalizados a gañar o partido".
O dianteiro Deportivista opina que na ida "eles viñeron facer o seu partido fóra de casa, saben que aquí somos moi fortes. O resultado de 0-0 valíalles. No momento que metemos o gol foron un pouco máis a conseguir o empate porque a eles séguelle valendo e na segunda parte houbo máis espazos ás súas costas".
Así pois, vaticina un partido de volta en Castalia este domingo 11 de xuño ás 18:00 (TVG2 e InSports.tv) "máis como a segunda parte aquí, con máis espazos. Esperemos aproveitalos".
A nivel persoal tivo palabras de agradecemento para #ANOSAFORZA: "Desde que participei no meu primeiro partido sinto bastante querido e agradézolles moito. Temos que ir a Castellón cos máximos deportivistas que poidan para que nos sigan apoiando".