RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Michi Apóstol con Venezuela cae ante Nixeria e queda apeada do Mundial sub-20

-Foto:@fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto a primeira empezando pola esquerda) finalizou con Venezuela a Primera Fase do Campionato do Mundo sub-20 de Colombia.

O rival da 'Vinotinto' foi a potente Nixeria no Estadio Olímpico Pascual Guerrero na 3ª e última xornada.

As venezolanas, que precisaban un triunfo para acceder aos oitavos de final, caeron coas africanas (4-0) e quedaron apeadas do torneo.

A deportivista xogou completo o partido do mesmo xeito que os dous anteriores, fronte á República de Corea (0-0) e ante Alemaña (5-2).

Michi Apóstol despídese da competición cun histórico punto de Venezuela nun Mundial sumado fronte ás coreanas; 1 gol, ante o combinado alemán; e varias opcións máis de marcar, como un disparo á madeira tamén fronte a Alemaña.

Os resultados de Venezuela e Michi Apóstol no Mundial foron os seguintes:

Primeira Fase
Domingo 1 de setembro
ALEMAÑA 5 - VENEZUELA 2

Xoves 5 de setembro
REPÚBLICA DE COREA 0 - VENEZUELA 0

Sábado 7 de setembro
NIXERIA 4 - VENEZUELA 0