RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Michi Apóstol debuta mañá ante Alemaña no Mundial sub-20 de Colombia

-Foto:@fvf.com.ve

 

Michi Apóstol (na foto co brazalete de capitán) entrou na lista definitiva da selección venezolana sub-20 para o Campionato do Mundo da categoría que se disputa en Colombia.

A canteirá deportivista arrinca o torneo ante Alemaña mañá domingo 1 de setembro ás 22:00 (hora galega) no Techo Stadium de Bogotá.

Michi Apóstol únese así a Marina Artero e a Olaya, ambas as convocadas por España tamén para esta cita mundialista.

O calendario de partidos de Venezuela e Michi Apóstol no Mundial é o seguinte:

Primera Fase
Domingo 1 de setembro
22:00 (hora española): ALEMAÑA - VENEZUELA no Techo Stadium (Bogotá)

Xoves 5 de setembro
3:00 (hora española): REPÚBLICA DE COREA - VENEZUELA no Techo Stadium (Bogotá)

Sábado 7 de setembro
22:00: NIXERIA - VENEZUELA, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)