RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Minutos para Kevin Sánchez no primeiro amigable da selección española sub-19 ante Noruega

-Foto:@rfef.es

David Mella e Kevin Sánchez están concentrados coa selección española sub-19 na localidade alacantina de Alfaz do Pi para disputar dous amigables ante Noruega esta semana en Benidorm.

No primeiro deles, disputado hoxe martes, o triunfo foi claramente para os españois (5-0) nun partido no que só participou Kevin Sánchez (na foto de arquivo).

O dianteiro fabrilista saltou ao céspede no minuto 68 en substitución de Álvaro Moreno.

David Mella, que chegaba á concentración do equipo nacional despois dun esixente partido o domingo co Dépor en ABANCA-RIAZOR ante a SD Tarazona, seguiu hoxe o choque desde o banco.

A próxima cita para España sub-19 ante os noruegueses será o xoves 22 ás 11:00 no mesmo escenario, o Estadio Guillermo Amor.

O calendario de partidos da selección española sub-19 é o seguinte:

Martes 20 de febreiro
ESPAÑA 5 - NORUEGA 0

Xoves 22 de febreiro
11:00: ESPAÑA - NORUEGA, no Estadio Guillermo Amor (Benidorm)

David Mella e Kevin Sánchez son dous dos canteiráns que están no radar das categorías inferiores da selección española, como José Rei, Pablo García, Elena Vázquez, Lucía Rivas ou Antía Veiga.