Muntari incorporarase mañá aos adestramentos do Deportivo
Sulleyman Ali Muntari (Konongo, Ghana, 27 de agosto de 1984) aterrará esta noite ás 23:15 horas no Aeroporto de Alvedro para incorporarse mañá venres día 9 aos adestramentos do Deportivo na Cidade Deportiva de Abegondo. O internacional ganés adestrarase co cadro branquiazul para avaliar unha posible incorporación definitiva ao cadro deportivista.
Após iniciar a súa carreira no Liberty Professionals do seu país, desenvolveu boa parte da súa carreira no Calcio. Defendeu 6 anos a camiseta do Udinese, 3 a do Inter, 3 a do Milan e actualmente a do Pescase. Ademais tamén estivo 2 temporadas en Inglaterra (Portsmouth e Sunderland) e 1 no Al Ittihad FC de Arabia Saudita.