RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Navarro e Ola John lembran que o Dépor depende de si mesmo para a permanencia

Fernando Navarro manifestou na zona mixta do Estadio de Riazor que "o equipo o tentou ata o final, baleirouse. Non tivemos o acerto. Quedan dúas xornadas. De nada serve virse abaixo. Dependemos de nós mesmos".

Un dos futbolistas con máis experiencia do Deportivo recoñeceu que Arribas, protagonista involuntario do primeiro tanto do partido, está "amolado, pero ten experiencia. Leva moitos anos en Primeira. Cando falla un defensa ou un porteiro nótase moito máis. Todo o mundo sabemos do seu nivel, do bo central que é".

Advirte o lateral zurdo deportivista que "está a ser unha temporada complicada, con moitos altos e baixos. Esperemos nos partidos que quedan selalo. O equipo dáo todo pero non consegue sacar os resultados".

Pola súa banda, Ola John, que debutou como titular en Riazor, manifestou que "non estamos preocupados, aínda quedan dous partidos e témolo que facer nós mesmos".

Opina que "na primeira parte xogamos moi defensivos, e na segunda parte o adestrador cambiou a posición Emre Çolak, atacamos moi ben. Tivemos máis espazo polo medio e puidemos atacar polas bandas".

A nivel particular, cre o atacante holandés que fixo "un bo traballo. A pena é que non puidemos gañar".