RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Nikolay Dyulgerov debuta coa selección de Bulgaria sub-15 e anota o gol do triunfo ante Romanía

Nikolay Dyulgerov está concentrado coa selección de Bulgaria sub-15 para dous partidos amigables ante Romanía, o primeiro deles hoxe xoves.

O central deportivista debutou co seu combinado nacional ao xogar 30 minutos e ademais anotar o tanto do triunfo do seu equipo.

A próxima cita para Nikokay Dyulgerov será este sábado 30 de novembro ás 11:00 na localidade búlgara de Ruse tamén ante Rumanía.

Este defensor coruñés con orixes búlgaras, que chegou a #ANOSACANTEIRA no primeiro ano de infantís, milita no San Tirso SD Cadete da División de Honra, equipo no que xogou 6 partidos, 5 de titular, e anotou 4 goles.

O calendario de partidos de Nikolay nesta concentración de Bulgaria sub-15, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 28 de novembro
BULGARIA 1 - ROMANÍA 0

Sábado 30 de novembro
11:00: BULGARIA - ROMANÍA, en Ruse (Bulgaria)