Nova semana de pretemporada para o Dépor ABANCA, con 5 sesións en Abegondo e un novo amigable
O Dépor ABANCA encara desde mañá unha nova semana de pretemporada con epicentro na Cidade Deportiva.
"Sen dúbida iremos a máis, que estamos a empezar. Temos un mes máis para seguir traballando", declarou onte en ABANCA-RIAZOR Eva Dios, elixida Xogadora Estrella Galicia da final da XII edición do Trofeo Teresa Herrera feminino.
Irene Ferreras dispuxo 5 sesións de traballo en Abegondo con ximnasio ás 9:45 antes de saltar ao céspede a partir das 11:00 horas.
A semana concluirá cun novo amigable, cuarto da pretemporada, esta vez na localidade cántabra de Unquera o sábado 17 de agosto ás 18:30 fronte á SD Eibar de Liga F.
Cada día as futbolistas almorzarán na instalación a partir das 8:20 e terán que comer 3 días tamén na instalación após o traballo diario.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 12 de agosto 11:00 h.
Martes 13 de agosto 11:00 h.
Mércores 14 de agosto 11:00 h.
Xoves 15 de agosto 11:00 h.
Venres 16 de agosto 11:00 h.
Sábado 17 de agosto 18:30: Deportivo ABANCA - SD Eibar en Unquera (Cantabria)