RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Club mantén este verán as visitas guiadas ao Estadio de Riazor

O  Real Club Deportivo, un verán más, mantén o plan de visitas guiadas ao Estadio de Riazor. Durante o mes de xullo, o horario será, de luns a venres, ás 13.00 e 18.30 horas. O sábado habrá unha única visita, ás 13.

No mes de agosto, coa cidade en festas, amplíase o horario. De luns a venres as visitas serán ás 12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 horas; os sábados, ás 13.00 horas.

A visita, cunha duración aproximada de 45 minutos, consiste nun percorrido polas bancadas do estadio, zona de prensa e palco presidencial. A entrada será pola porta 27 (na rampla situada encima da Deportienda) e os visitantes recibiran un obsequio do Club. O prezo será de catro euros.