RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O curso 2023-2024 da Escola RC Deportivo, un ano máis con sede de Diversidade Funcional e coa novidade de Arteixo, arranca o próximo luns

O vindeiro luns 2 de outubro arrancará un novo curso, o quinto, da Escola RC Deportivo, que contará unha temporada máis coa Escola RC Deportivo Diversidade Funcional e sumou Arteixo ás cinco sedes do pasado exercicio.

Na súa nova localización, a Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre, repite unha temporada máis a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 15 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. A Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, ademais de cambiar de instalacións, conta cun novo horario: os mércores de 17:00 h. a 18:00 h.

A pesar de esgotarse as prazas da Escola RC Deportivo Diversidade Funcional creouse unha lista de espera coa idea de que unha vez se xeren novos grupos de adestramento poida procederse a unha ampliación de horarios. Os interesados poden inscribirse a través do correo escola@rcdeportivo.es ou na propia páxina da Escola RC Deportivo: http://escola.rcdeportivo.es.

A vindeira semana comezará un novo curso na Escola RC Deportivo en seis sedes máis: as cinco do pasado ano (Alvedro, Luis Calvo-Carballo, Outes, Colexio Xesuitinas e Colexio Internacional Eirís) e unha nova: Arteixo.

O campo de Ponte dos Brozos acollerá dúas quendas da nova Escola RC Deportivo en Arteixo todos os venres. O primeiro, de 16:30 a 17:30 h. e o segundo, de 17:30 a 18:30 h.

A Escola RC Deportivo 2023-2024 conta xa con case 200 inscritos, superando os algo máis de 250 alumnos do pasado curso, cando se superaron todas as cifras de participación. En todas as sedes seguen abertas as inscricións aínda que restan poucas prazas para completar as cotas.

Esta escola profesional de fútbol está destinada a todos os nenos e nenas que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira do RC Deportivo, independentemente do seu nivel de práctica.

As inscricións para todas as sedes atópanse abertas desde o pasado xoves 7 de setembro en http://escola.rcdeportivo.es para todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen participar nesta actividade formativa da Fundación RC Deportivo.

As Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que desexen participar e para iso poderán realizar unha preinscrición no propio colexio. Calquera centro que desexe participar ou queira crear unha Escola RC Deportivo dentro do seu programa de actividades pode contactar coa Dirección en escola@rcdeportivo.es.

Os participantes na pasada edición da Escola RC Deportivo que dispoñan do equipamento oficial Kappa e que poidan acudir con el non é necesario que abonen de novo a matrícula e ademais disporán de tarifa con desconto.

Haberá novas actividades, xornadas en Abegondo e sorteos de agasallos. Para unha adecuada atención a todos os participantes as prazas son limitadas. A sede de Alvedro mantén as súas 7 quendas: luns ás 17:30 h. e 18:30 h., mércores ás 17:30 h. e 18:30 h. e venres ás 17:30 h., 18:30 h. e 19:30 h.

Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.

Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

O manual de instrucións para inscribirse pode consultarse e descargarse aquí.