O Dépor ABANCA B arrinca a temporada en Tercera Federación cun empate agridoce en Valladolid
O Dépor ABANCA iniciou a temporada en Tercera Federación cun empate (2-2) ante o CD Villa de Simancas, en realidade Real Valladolid CF.
As futbolistas branquiazuis saltaron ao céspede cunha camiseta en apoio á internacional Lucía Rivas, lesionada esta pretemporada.
Causaron baixa no equipo que prepara Óscar Orro Carmen Carballada e Elena Vázquez, que onte xogaron co primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR ante o FC Barcelona.
Si foron titulares Paula Monteagudo, Paula Novo e Laura Ruiz, futbolistas tamén en dinámica do Dépor ABANCA.
Precisamente Laura foi unha das goleadoras, ademais de Lucía Mariño.
A igualada foi agridoce, posto que as deportivistas adiantáronse por dúas veces no marcador. As valisoletanas lograron igualar, a segunda vez no minuto 83.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Alejandra Vázquez, Sara Cercido, Paula Novo, Laura Otero, Paula Redruello, Yanis Citoula, Paula Monteagudo, Iria Otero, Laura Ruiz e Lucía Mariño. Tamén xogaron: Ana Capelo e Emma Gandoy.
O vindeiro domingo 15 de setembro ás 11:30, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Victoria FC.