O Dépor ABANCA B leva ante o Victoria CF o Memorial Moncho Rivera
O Dépor ABANCA B adxudicouse o Memorial Moncho Rivera ao imporse no campo coruñés da Grela (1-3) ao Victoria CF.
Noe Mayo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero foron os goleadores deportivistas, que impuxeron o seu xogo a pesar das numerosas baixas entre lesións (Martina Rivas, Andrea Ansede, Paula Novo, Noela, Lucía Rivas, Marta Rico ou Olivia Saavedra); e o primeiro equipo (Elena Vázquez e Carmen Carballada).
Ante este panorama, Óscar Orro, técnico deportivista, tivo que tirar de xuvenís e cadetes do Orzán SD: Yaiza García, Uxía Rabuñal, Daniela Basalo, Iria Otero, Noe Mayo, Mica Baratelli, Emma Gandoy, Noe Gómez, Macarena González e Laura Santos.
Deportivo ABANCA B: Yaiza García, Celia Sousa, Noe Mayo, María Calvo, Antía Brage, Sara Cercido, Laura Testa, Macarena González, Laura Otero, Emma Gandoy e Laura Santos. Tamén xogaron: Uxía Rabuñal, Lucía Mariño, Noe Gómez e Elena López 'Cusi'.
Mañá domingo, o Deportivo ABANCA B disputará o Memorial Faraldo ante o Gijón FF, ás 12:00 na Torre.
O calendario de pretemporada do Dépor ABANCA B, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 0 UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero) Umia CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Celia Sousa e Laura Otero) Memorial Moncho Rivera: Victoria CF 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Noe Mayo, Elena López 'Cusi' e Laura Otero) Memorial Faraldo: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, mañá domingo 27 de agosto ás 12:00 na Torre