O Dépor arranca a semana con todo o seu cadro a punto, salvo Krohn-Dehli
O Deportivo comezou esta mañá en Abegondo a preparar a visita do Cádiz CF a ABANCA-RIAZOR, prevista para este domingo 12 de maio (16:00 horas, Movistar Partidazo).
José Luis Martí ten, con toda a semana de traballo por diante, á práctica totalidade do seu cadro á súa disposición, salvo Krohn-Dehli, que continúa o seu traballo de readaptación física ás ordes do readaptador Fran Molano.
Esta mañá, após un quecemento con rondos e cunha tarefa técnica, os futbolistas branquiazuis, hoxe ademais co meta fabrilista Álex Cobo, realizaron un exercicio de posesión e un partido para concluír. O meta Dani Giménez, con síntomas gripais, non chegou a saltar ao céspede.
Mañá mércores, o Dépor volve a Abegondo a partir das 11:00 horas.