RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor arrinca mañá mércores a semana de traballo e gozar a vitoria (en Vigo)

Despois de dous días de descanso (o luns e onte martes), o Dépor ponse en marcha mañá mércores de cara á seguinte cita ligueira, o domingo 4 de febreiro ás 19:00 horas (TVG-2 e FEF TV) ante o CF Fuenlabrada en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 22ª xornada no subgrupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-Balaídos ante o Celta Fortuna (1-2), deixaron a Os Nosos na 5ª posición da táboa con 35 puntos, a 5 puntos do liderado, en mans da SD Ponferradina. "Crin no equipo sempre e sigo crendo. Ten moito mérito algunhas das cousas que estamos a facer. Desde Lugo, aquela vitoria 0-3, nas seguintes semanas, moitas, non pararon de pasarnos cousas, practicamente desgrazas. Parecía que nos mirou con mal ollo alguén. Desde metade de outubro, novembro a xente está a dar un paso adiante. O equipo compite, o equipo quere, ten fútbol. Agora que recuperamos algúns futbolistas ven os resultados", afirmou Imanol Idiakez o pasado domingo na sala de prensa após finalizar o encontro ante o Celta Fortuna. 

Este primeiro día de adestramento será tamén para comprobar o estado físico dalgúns futbolistas após o intenso partido en Vigo. "Tanto Yeremay como Mella como Balenziaga foron sobrecargas musculares. O campo estaba moi difícil e o ritmo foi moi alto", apuntou o técnico branquiazul ante os medios de comunicación.

Imanol Idiakez, con ganas de "gozar a vitoria (en Vigo) esta semana", dispuxo antes do choque ante o conxunto madrileño de catro sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo previo xa na instalación para os futbolistas a partir das 8:45.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 31 de xaneiro
11:00 h.

Xoves 1 de febreiro
11:00 h.

Venres 2 de febreiro
11:00 h.

Sábado 3 de febreiro
11:00 h.

Domingo 4 de febreiro
19:00: Deportivo - CF Fuenlabrada, en ABANCA-RIAZOR