RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor, co foco posto no día a día, traballa a visita ao CD Teruel con todo o cadro

O Dépor, "co foco posto no día a día e no traballo, que é o que máis nos importa"  tal e como subliñou Germán Parreño esta mesma mañá na sala de prensa, realizou no campo 3 un ensaio do plan para o partido deste sábado 13 de abril ás 20:00 horas (FEF TV) no campo Pinilla fronte ao CD Teruel.

O gardameta branquiazul insiste en que "pensamos xa no seguinte partido en Teruel e máis nada que iso, en sacar os 3 puntos". "Miramos Teruel e Teruel", apostila.

Lucas e Mella estiveron co grupo, que arrincou na sala de vídeo e seguiu no campo 2 cunha activación e uns rondos. Non obstante o atacante xuvenil, tal e como estaba pactado cos Servizos Médicos, retirouse ao vestiario antes que os seus compañeiros.

Germán desvela que as sensacións de ambos os futbolistas "son boas. É máis traballo seu, se entran ou non entran nunha sesión ou noutra. Son cousas entre eles e o corpo médico. Véxoos ben, motivados e con ganas de sumar".

Rubén López foi o representante de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves o Dépor regresará a Abegondo ás 8:30 para almorzar antes de saltar ao céspede a partir das 11:00 horas.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK