RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor comezará a liga en ABANCA-RIAZOR a fin de semana do 18 de agosto fronte ao Real Oviedo

O calendario completo de LaLiga Hypermotion 2024-2025 sorteouse este mércores na sede da Real Federación Española de Fútbol en Las Rozas (Madrid), deparando para o Dépor unha xornada inicial, a fin de semana do 18 de agosto, fronte ao Real Oviedo en ABANCA-RIAZOR.

O conxunto branquiazul pechará a temporada do seu regreso á segunda categoría do fútbol nacional tamén en ABANCA-RIAZOR, o 1 de xuño de 2025 ante o Elche CF.

Os duelos de rivalidade provincial fronte ao Racing Club Ferrol chegarán na 3ª xornada en ABANCA-RIAZOR (1 de setembro) e na 33ª na Malata (30 de marzo de 2025).

Haberá dúas xornadas entre semana, as dúas en 2024. A primeira será a domicilio (11ª, en campo do Levante UD o 23 de outubro) e a outra en ABANCA-RIAZOR (20ª, contra o CD Castellón o 18 de decembro).

Descarga aquí o calendario completo das 42 xornadas de LaLiga Hypermotion 2024-2025