RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o choque de Leganés coas novidades de Sidnei e Fede Cartabia

O Deportivo afrontará o partido deste venres 20 de abril en Butarque ante o Leganés (21:00 horas, Bein LaLiga) con 22 futbolistas, é dicir, todos os dispoñibles salvo o meta Tytoń.

Entran pois na convocatoria Sidnei e Fede Cartabia, recuperados das súas doenzas físicas.

Quedan na Coruña de maneira forzosa a tocados Bóveda e Muntari.

No adestramento desta tarde, cos xuvenís Parga e Boedo, os futbolistas realizaron unha sesión de alta intensidade física, cunha tarefa de posesión e fútbol en espazo reducido.

Os convocados viaxan mañá pola mañá a Madrid segundo este plan de viaxe:

Xoves 19 de abril

13:25: Saída do Aeroporto da Coruña con destino Madrid
14:25: Chegada aproximada a Madrid e aloxamento no Hotel Meliá Madrid Serrano
19:30: Adestramento na Cidade Deportiva do Real Madrid en Valdebebas

Venres 20 de abril
21:00: Leganés - Deportivo, en Butarque

Sábado 21 de abril
10:10: Saída do voo do Aeroporto de Madrid con destino ao Aeroporto da Coruña
11:15: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
11:45 (hora aproximada): Adestramento en Abegondo