RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor enfócase desde mañá martes en "facerse fortes en ABANCA-RIAZOR" co partido do sábado 21 ante o Burgos CF

O Dépor, hoxe con xornada de descanso, enfócase desde mañá na seguinte xornada ligueira, o partido en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF previsto para o sábado 21 de setembro ás 18:30 (#Vamos).

O pasado venres na zona mixta do Nuevo El Arcángel Diego Villares, un dos capitáns branquiazuis, pediu "resetear o partido e facerse fortes en casa, que o sábado hai outro partido e outra oportunidade para sumar 3".

Os resultados da última xornada, 5ª en LaLiga Hypermotion, deixaron ao Dépor en 19ª posición con 4 puntos.

Imanol Idiakez disporá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva con almorzo previo e comida tamén na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 17 de setembro
11:00 h.

Mércores 18 de setembro
11:00 h.

Xoves 19 de setembro
11:00 h.

Venres 20 de setembro
11:00 h.

Sábado 21 de setembro
18:30: Deportivo - Burgos CF, en ABANCA-RIAZOR