RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine disputa a MS2 Cup mañá sábado en Vigo

O Dépor Genuine, despois de pechar a súa participación en LaLiga Genuine a pasada fin de semana en Xetafe, continuará coa súa actividade mañá sábado 15 de xuño coa disputa da MS2 Cup en Vigo.

O conxunto branquiazul enfrontarase ao Celta Integra nas instalacións olívicas da Madroa. O encontro comezará ás 12:30h.

Os 16 convocados son Chema, Víctor, Daniel, Gabriel Cives, Senén, Álex Rey, Mamadou, Andrés, Alejandro Lugrís, Nuria, Ton, Alejandro Gómez, Anxo, David Miranda, Alberto e Miguel. Todos están citados no Estadio ABANCA-RIAZOR mañá ás 9:00h para desprazarse a Vigo en bus.

Despois do partido, ao redor das 14:00h, ambos os equipos celebrarán unha comida de confraternización.

O conxunto branquiazul tivo onte xoves unha actividade previa, coa participación nun partido inclusivo no polideportivo do colexio Peñarredonda, no que os membros do Dépor Genuine mesturáronse con alumnos de bacharelato do centro educativo.