RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine disputou a pasada fin de semana a Fase 3 de LaLiga Genuine en Burgos

O Dépor Genuine desprazouse a Burgos a pasada fin de semana para participar na Fase 3 de LaLiga Genuine 2023-2024, na que callou unha gran actuación, sumando dúas vitorias e unha derrota.

Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:

Sábado 11 de maio
DÉPOR GENUINE 0 - FUNDACIÓN ALBACETE 2
DÉPOR GENUINE 2 - ELCHE CF 1

Domingo 12 de maio
FC ANDORRA 1 - DÉPOR GENUINE 3

O equipo deportivista disputou tres encontros, como é habitual, que nesta ocasión tiveron como escenario a Ciudad Deportiva Burgos Promesas 2000.

O sábado pola mañá, o Dépor Genuine caeu ante o Fundación Albacete (0-2), após perder na primeira parte por 1-3 (gol de Álex Rey), empatar sen goles na segunda, igualar 1-1 na terceira (tanto de Álex Rey) e perder no cuarto período por 0-1.

Na xornada de tarde do sábado, os branquiazuis impuxéronse ao Elche CF (2-1). O primeiro parcial resolveuse sen goles, o Dépor Genuine impúxose no segundo por 1-0 (gol de Ton) e no terceiro por 4-0 (dobretes de Álex Rey e Ton) e no cuarto a vitoria correspondeu ao cadro ilicitano por 0-4.

Na matinal do domingo, o Dépor Genuine derrotou ao FC Andorra (1-3), despois de gañar pola mínima os tres primeiros períodos, con goles de Álex Rey, Minchi e de novo Álex Rey, e perder o último polo mesmo resultado.

Todos os resultados e clasificacións poden consultarse nesta ligazón.

 

Os 16 convocados para esta xornada foron José Manuel Serrano, Daniel Trasancos, Gabriel Cives, Samuel Martínez, Álex Rey, Iván Bernárdez, Andrés Manuel Barbeito, José Antonio Cagiao 'Ton', Alejandro Gómez, Anxo Martínez, Roi González, Daniel José Granell, Álvaro García, Álvaro Vidal, Alberto Piñeiro e Xosé Marquina 'Minchi'. Xunto a eles viaxaron os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo e Breogán López e a delegada María Losada.

O equipo branquiazul conta esta temporada co patrocinio de Duacode, Vales & Asociados, Quirónsalud e Ontime.

O calendario de competición da sexta edición de LaLiga Genuine é o seguinte:

1ª fase:
Tarragona (Nou Estadi e C.E. Futbol Salou, 17, 18 e 19 de novembro de 2023)

2ª fase:
Cádiz (C.D. Bahía de Cádiz, 2, 3 e 4 de febreiro de 2024)
A Coruña (C.D. Abegondo, 15, 16 e 17 de marzo de 2024)

3ª fase:
Santa Cruz de Tenerife (C.D. Javier Pérez, 12, 13 e 14 de abril de 2024)
Burgos (C.D. Burgos Promesas 2000, 10, 11 e 12 de maio de 2024)

4ª fase:
Getafe (C.D. Fernando Santos de la Parra, 7, 8 e 9 de xuño 2024)