O Dépor Genuine desprazouse a Madrid a pasada fin de semana para pechar a súa participación en LaLiga Genuine 2023-2024, cuxa cuarta e definitiva fase tivo lugar en Xetafe e na que callou unha gran actuación, cun pleno de vitorias.
Os resultados do Dépor Genuine foron os seguintes:
Sábado 8 de xuño
FUNDACIÓN MÁLAGA CF 0 - DÉPOR GENUINE 3
DÉPOR GENUINE 2 - REAL SOCIEDAD FUNDAZIOA 1
Domingo 12 de maio
RACING CLUB FERROL 1 - DÉPOR GENUINE 3
O equipo deportivista disputou tres encontros, como é habitual, que nesta ocasión tiveron como escenario a Ciudad Deportiva Fernando Santos de la Parra, feudo do Getafe CF.
O sábado pola mañá, o Dépor Genuine derrotou ao Fundación Málaga CF (0-3), após impoñerse na primeira parte por 0-1 (gol de Miguel), na segunda por 6-0 (tantos de Mamadou -2-, Alejandro Gómez, Álvaro Vidal, Senén e Gabi López) e na terceira por 2-1 (dobrete de Miguel) e empatar no cuarto período (1-1, tanto de Álvaro López).
Na xornada de tarde do sábado, os branquiazuis impuxéronse ao Real Sociedad Fundazioa (2-1). O primeiro parcial resolveuse sen goles, o Dépor Genuine caeu no segundo por 0-1 e logrou unha gran remontada ao impoñerse no terceiro (1-0, gol de Miguel) e o cuarto (2-0, tantos obra de Miguel e Mamadou).
Na matinal do domingo, o Dépor Genuine derrotou ao Racing Club Ferrol (1-3), despois de gañar os tres primeiros períodos: 0-5 (goles de Miguel -3- e Álvaro López -2-), 0-1 (Mamadou) e 0-3 (Víctor -2- e Álvaro López) e perder no cuarto (3-0).
O Dépor Genuine finalizou a competición na sexta posición do Grupo Superación, composto por 24 equipos, grazas a 8 vitorias, 1 empate e 3 derrotas. O equipo branquiazul sumou 491 puntos fair-play
Todos os resultados e clasificacións poden consultarse nesta ligazón.
Os 16 convocados para esta xornada foron José Manuel Serrano, Víctor Vales, Senén Fernández, Mamadou Fall, Carmen Durán, Andrés Manuel Barbeito, Álvaro López, Álvaro Castilla, Nuria Barreiro, Alejandro Gómez, Anxo Martínez, Javier Martínez, Gabriel López, Álvaro Vidal, Miguel Rivas e Xosé Marquina 'Minchi'. Xunto a eles viaxarán os técnicos Lucía Otero, Carlos García Collazo, Breogán López e Lucía López.
O conxunto branquiazul conta esta temporada co patrocinio de Duacode, Vales & Asociados, Quirónsalud e Ontime.
O calendario de competición da sexta edición de LaLiga Genuine foi o seguinte:
1ª fase:
Tarragona (Nou Estadi e C.E. Futbol Salou, 17, 18 e 19 de novembro de 2023)
2ª fase:
Cádiz (C.D. Bahía de Cádiz, 2, 3 e 4 de febreiro de 2024)
A Coruña (C.D. Abegondo, 15, 16 e 17 de marzo de 2024)
3ª fase:
Santa Cruz de Tenerife (C.D. Javier Pérez, 12, 13 e 14 de abril de 2024)
Burgos (C.D. Burgos Promesas 2000, 10, 11 e 12 de maio de 2024)
4ª fase:
Xetafe (C.D. Fernando Santos de la Parra, 7, 8 e 9 de xuño 2024)