O Dépor Genuine, que comeza os adestramentos mañá martes, disputou o seu primeiro encontro da temporada
O Dépor Genuine deu o pistoletazo de saída á sétima temporada da súa historia cun encontro amigable o pasado sábado ante o Racing Villalbés, ao que continuará o inicio dos adestramentos a partir de mañá martes.
O conxunto branquiazul visitou o campo da Madalena o pasado sábado para enfrontarse nun encontro amigable ao Racing Villalbés. O equipo lucense impúxose na quenda de penaltis (3-2), despois do empate (0-0) ao final dos catro períodos de que consta cada partido Genuine.
No primeiro, a igualada foi a un gol (tanto deportivista de Álvaro López). O segundo finalizou sen goles. E no terceiro e cuarto repetiuse o marcador do primeiro, con goles de Dani Granell e Álvaro García.
Mañá martes, o Dépor Genuine comeza as sesións de adestramento semanais. Será a partir das 18:00 h. na Cidade Deportiva Arsenio Iglesias (A Torre).
O conxunto deportivista conta co apoio, unha temporada máis, de Duacode e Vales & Asociados, ademáis de Quirón Salud.