RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor ponse en marcha con menos carga física hoxe para os titulares o pasado domingo

O Deportivo arrincou hoxe martes en Abegondo a semana de preparación do partido deste sábado 13 de abril ás 20:00 (FEF TV) no campo Pinilla ante o CD Teruel.

Todo o grupo realizou unha activación con rondos antes de pasar a un exercicio de posición con porterías pequenas.

A partir de aquí, os titulares entraron ao vestiario para tarefas de recuperación física mentres que o resto do cadro, co canteirán Rubén López, continuaron con fútbol reducido, de alta intensidade.

Lucas e Mella adestráronse co readaptador Fernando Rodríguez entre o céspede, o ximnasio e a padiola dos fisioterapeutas.

Rubén López foi o representante de #ANOSACANTEIRA posto que Martín Ochoa sofre unha lesión muscular no recto anterior da súa perna esquerda, co que estará fóra da dinámica de grupo os vindeiros días.

Mañá mércores, Os Nosos repetirán sesión de traballo no céspede de Abegondo a partir das 11:00 horas.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK