RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor preparará en Abegondo desde mañá mércores o choque ante o CD Lugo coma se fose outra final

Imanol Idiakez trazaba o pasado domingo en Tajonar a folla de ruta semanal do seu Dépor: "Agora a gozar dous días desta vitoria (por onte luns e hoxe martes) e preparar o partido do CD Lugo (deste domingo 3 de marzo ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR, TVG-2 e FEF TV). É o noso camiño desde hai semanas e non nos imos a desviar de aí".

É máis, o técnico deportivista pide "centrarnos en cada semana" e "preparar o partido coma se fose outra final".

Da mesma opinión é Iván Barbero, quen subliñou que "nos centramos no partido a partido"; e, ademais, en "competir co máximo respecto cara ao rival e así está a ser. Estamos a competir ben, están a saír as cousas e estamos contentos por iso".

Así pois, mañá mércores Os Nosos están citados a partir das 8:30 en Abegondo para almorzar e saltar ao campo a partir das 11:00 horas.

Os resultados da última xornada deixaron ao conxunto deportivista en 2º lugar do grupo 1º de Primera Federación con 47 puntos, a 1 punto da SD Ponferradina, líder con 48.

O cuerto técnico branquiazul dispuxo esta semana de 4 sesións de traballo matinais en Abegondo, con almorzo previo para o cadro xa na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 28 de febreiro
11:00 h.

Xoves 29 de febreiro
11:00 h.

Venres 1 de marzo
11:00 h.

Sábado 2 de marzo
11:00 h.

Domingo 3 de marzo
19:00: Deportivo - CD Lugo, en ABANCA-RIAZOR