O Dépor retoma os adestramentos coa presenza de Guilherme e Krohn-Dehli no grupo
O Deportivo comezou esta tarde a preparar o próximo partido ligueiro, a visita da UD Las Palmas ao Estadio ABANCA-RIAZOR este sábado 17 de marzo (13:00 horas, Bein LaLiga), en partido correspondente á 29ª xornada de LaLiga Santander.
A sesión foi de apenas unha hora e cuarto de duración, con diversas tarefas de fútbol no campo 2 da Cidade Deportiva.
Adestráronse co grupo Guilherme e Krohn-Dehli, ambos aínda de baixa médica; e á marxe Fede Valverde, Luisinho, Fede Cartabia e Eneko Bóveda.
Nesta ocasión, os fabrilistas Gaizka e Lucas estiveron ás ordes de Clarence Seedorf.
Mañá martes 13 de marzo haberá dobre quenda. Pola mañá os futbolistas traballarán por grupos (defensas, atacantes e centrocampistas) desde as 12:00 horas, nunha sesión a porta pechada na Cidade Deportiva de media hora de duración para cada grupo. Todo o cadro reunirase pola tarde a partir das 18:00 horas.