O Dépor retoma os adestramentos convencido que nos imos a recuperar e contra o Racing imos estar preparados
Os Nosos retoman mañá luns 26 de agosto os adestramentos de cara á 3ª xornada en LaLiga Hypermotion, a visita do Racing de Ferrol a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 1 de setembro ás 17:00 horas (LaLiga Hypermotion TV).
Onte en rolda de prensa, Imanol Idiakez lamentouse de "empezar con estas dúas derrotas pero estou convencido que nos imos a recuperar e contra o Racing de Ferrol imos estar preparados".
Da mesma opinión foi Ximo Navarro, autor do gol deportivista no Alcoraz: "Levantarémonos. Teremos que facer unha boa semana de adestramentos, mellorar o que temos que mellorar e a buscar os 3 puntos".
Germán Parreño, na zona mixta, pediu "mellorar detalles. Un detalle de estratexia pode marcar un partido e estao marcando. Hai que traballalo, hai que traballalo moito máis e seguir coa nosa maneira de xogar. Estamos a xerar máis que o rival, estamos a sentirnos cómodos pero hai que puír eses detalles. Somos conscientes".
O corpo técnico branquiazul dispuxo de 6 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, con almorzo previo para o cadro cada día a partir das 8:30 xa na propia instalación.
A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:
Luns 26 de agosto 10:30 h.
Martes 27 de agosto 10:30 h.
Mércores 28 de agosto 10:30 h.
Xoves 29 de agosto 10:30 h.
Venres 30 de agosto 10:30 h.
Sábado 31 de agosto 10:30 h.
Domingo 1 de setembro 17:00: Deportivo - Racing de Ferrol, en ABANCA-RIAZOR