O Dépor retomou os adestramentos con Luisinho e Fede Cartabia no grupo
O Deportivo, sen os internacionais Borges e Schär, retomou esta tarde os adestramentos tralo descanso de onte domingo. Foron novidades Luisinho e Fede Cartabia. Ambos, aínda sen alta médica, completaron toda a sesión co grupo, no que ademais estivo o fabrilista Lucas.
Fede Valverde e Lucas Pérez adestráronse co readaptador, Fran Molano; mentres que Sidnei, Andone, Bóveda e Muntari non saltaron hoxe ao céspede.
Esta tarde, após un quecemento, Clarence Seedorf dispuxo un exercicio de finalizacións e un traballo táctico con estes futbolistas do Xuvenil A da División de Honra: Pablo Brea, Gandoy, Sebas, Guillem, Joel, Boedo, Javi Sandá, Sito, Castrín, Carracedo, Valín, Ortuño, Iago Parga y Rojo.
Mañá martes, o cadro está citado de novo ás 18.00 horas en Abegondo.