O Dépor ultima os detalles para "un partido complicado" en Cádiz coa última sesión de traballo en Abegondo
O Dépor ultimou esta mañá no campo 3 de Abegondo os detalles tácticos para o encontro deste sábado 30 de novembro ás 18:30 no Estadio Nuevo Mirandilla de Cádiz (LaLiga TV Hypermotion, M+ e Fútbol 2), un encontro que Mario Soriano cualificou na sala de prensa esta mesma mañá como "moi complicado".
O atacante madrileño pide "levalo ao partido que queremos e tentar conseguir os 3 puntos, seguir nunha dinámica boa".
Iso si, cre que este primeiro paso ten que ter continuidade en ABANCA-RIAZOR o próximo partido ante o Real Zaragoza (sábado 6 de novembro) "e conseguir tamén os 3 puntos".
A falta dun último adestramento mañá venres ás 18:30 na Cidade Deportiva do Cádiz CF, Óscar Gilsanz tamén repasou hoxe as accións a balón parado.
Están fóra do grupo Bouldini e Dani Barcia, cunha lesión muscular no recto anterior da súa perna dereita.
Yeremay e Jaime completaron toda a sesión e unicamente Jose Ángel fixo unha parte co grupo e outra cos readaptadores.
Mario Soriano alegrouse ante os medios de comunicación pola recuperación do atacante canario: "É unha alegría para nós que volva, que estea xa co grupo porque é moi bo e estao facendo moi ben. Para todos nós é moi bo que volva".
Álex Alfaro foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá venres, o Dépor viaxará ao mediodia a Cádiz, vía Sevilla.