RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo Abanca faise cos servizos de Iris Arnaiz

Iris Arnaiz Gil (Xixón-Asturias, 18 de maio de 1994), coñecida deportivamente como Iris, é a cuarta incorporación do Deportivo Abanca cara á Temporada 2017-2018, a segunda campaña da historia do conxunto feminino branquiazul.

Iris actúa como mediocentro e chega procedente do Oviedo Moderno CF, campión do grupo 1 da Segunda División Nacional, a mesma liga na que o Dépor Abanca colleitou o subcampionato. Os tres cursos anteriores, a xogadora asturiana participou en LaLiga Iberdrola co conxunto ovetense, que descendeu ao final da Temporada 2015-2016 despois de concluír na penúltima posición.

A centrocampista xixonesa, que mide 1,69 metros e pesa 55 quilos, militaba desde 2010 no Oviedo Moderno CF, tras xogar previamente no Langreo. Iris será a quinta xogadora con ficha profesional do Deportivo Abanca, xunto a Raquel, Tere, Kika e Gaby.

Coa incorporación de Arnaiz, Manu Sánchez, técnico do Deportivo Abanca, conta xa con 18 futbolistas: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel, Tere Abelleira, Kika Moreno, Gaby García, Cris, Lía, Malena, Miga, Gere, Silvia Mérida, Peke, Patri Rúa e Iris.