O Deportivo inicia ante o CD Eldense mañá sábado 19 de outubro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion) en partido correspondente á 10ª xornada en LaLiga Hypermotion, un ciclo de 3 partidos en 8 días, coa visita ao Levante UD do xoves 24 e o choque ante o Racing de Santander do domingo 27 tamén en ABANCA-RIAZOR.
En rolda de prensa, Imanol Idiakez admite que "a semana a expomos tendo en conta os 3 partidos. Encima hai unha viaxe a Valencia e entre o 2º e o 3er partido hai moi pouco tempo de recuperación. A nivel de cargas, de planificación de adestramentos... témolo moi en conta. A nivel de xogadores que poidan participar máis ou menos o primeiro partido non ten moito que ver. Vimos de Elche cunha semana de recuperación. Non hai ningunha dúbida. Logo, en función do que pase mañá axustaremos o Levante UD, e en función do que pase ante o Levante UD axustaremos para o Racing".
Os Nosos, após o empate sen goles no Martínez Valero do pasado domingo, chegan ao encontro na 17ª posición da táboa con 9 puntos.
Despois do adestramento de hoxe no campo 2 e 3 cunha activación con rondos e un último ensaio ao plan de partido, Imanol Idiakez recupera a Yeremay despois de estar concentrado coa selección española sub-21 e participar en dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa. O atacante canario xa se adestra desde o xoves en Abegondo con total normalidade.
O técnico deportivista subliñou ante os medios de comunicación que Yeremay "está a evolucionar moito. É unha alegría para todos. A súa convocatoria é un éxito de Abegondo e do traballo que se fai aquí, ademais do seu propio traballo. E estamos moi contentos de verlle crecer, de ver como está a madurar como profesional, como futbolista. Eu estou moi contento. Gocei moito véndolle o outro día titular coa selección".
Aínda que admite que "foi unha faena non poder contar con el en Elxe, é unha grandísima noticia para todos os que estamos preto del ter esa experiencia, verlle estar aí coa xente da elite e ver como está a crecer connosco e axudándonos a crecer a nós".
Todo o cadro está citado en ABANCA-RIAZOR mañá sábado aínda que son baixa segura Gauto e Jaime.
Ademais, o Dépor está pendente de Jose Ángel, que se retirou antes do adestramento desta mañá con "unha molestia na zona do aductor que temos que concretar".
Pola súa banda, o CD Eldense, que a pasada fin de semana caía en Eibar (1-0) co ex deportivista Ian Mackay como unha das figuras do partido, é 15º con 11 puntos.
Lonxe do seu campo, esta temporada os alacantinos gañaron ao Cádiz CF (1-2); empataron en Gijón (0-0); e caeron co Levante UD (3-1) e o citado da SD Eibar (1-0).
O seu técnico, Dani Ponz, ex adestrador a temporada pasada do Unionistas de Salamanca CF no mesmo grupo de Primera Federación que o Dépor, confirmou na sala de prensa a baixa de Íñigo; e, do Dépor, subliñou que "os coñecemos ben, mesmo míster, mesma estrutura afianzada e evolucionada, e cun cadro moi parecido. A min paréceme un cadro fantástico".
Vaticina para o Dépor "un ano extraordinario. Está a facer un crecemento, houbo unha adaptación ao que é a categoría, algún movemento no once pero a estrutura é a mesma que o ano pasado: balón parado tanto ofensivo como defensivo, as transicións fantásticas con Mella e Yeremay... É un equipo moi atrevido con balón e que fai moitas cousas".
Finalizado o choque, Os Nosos adestraranse de novo o domingo 20 de outubro ás 11:00 horas en Abegondo.