Jaime Sánchez foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud A Coruña para coñecer o alcance exacto das molestias que lle impiden adestrarse estes días co grupo.
Os Servizos Médicos confirmaron unha lesión muscular no aductor da súa perna esquerda.
O central deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia antes de pasar á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.
En rolda de prensa este mediodía, Imanol Idiakez afirmou descoñecer "canto tempo vai estar fóra. É unha lesión parecida á de Juan Gauto. Para mañá non vai estar".