RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Yeremay, "ben fisicamente", reincorporouse aos adestramentos en Abegondo despois do seu debut coa selección española sub-21

Yeremay Hernández incorporouse esta mañá aos adestramentos co Deportivo despois do seu paso pola selección española sub-21.

O canteirán, que regresou onte mércores ao mediodía á Coruña, xogou media hora ante Kazajistán o pasado xoves 10 no encontro que supuña o seu debut, e unha hora fronte a Malta este martes pasado.

Esta mañá en Abegondo confesou estar "moi contento dos días que pasei alí. Foi unha experiencia moi bonita e estou moi feliz".

A nivel físico, asegurou estar "ben, así que para o que necesite o equipo e o míster estarei".

Yeremay completou con normalidade unha sesión con rondos e unha tarefa de finalizacións no campo 3 da Cidade Deportiva. "Se o tentas e vólvelo a tentar seguramente que entra", recalcou Yeremay.

Jaime está con adestramento personalizado mentres que Pablo García e Aarón foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres o Dépor adestrarase de novo a partir das 11:00 en Abegondo na última sesión previa ao partido ante o CD Eldense deste sábado 19 de outubro ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).