RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Sergio Escudero: "Teño moita confianza no equipo, trabállase incrible e iso dará os seus froitos seguro"

Sergio Escudero compareceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo após o seu debut en partido oficial co Deportivo en Elche. O xogador asegura que "tiña moitas ganas de volver" xa que chegou ao Club "con moita ilusión" e "foron momentos duros" cando se lesionou. Agora o defensor atópase "moi contento" do seu regreso e "collendo ritmo para axudar ao equipo".

Con respecto ao punto en Elche, Escudero valórao positivamente xa que "xogas na casa dun grandísimo equipo", con todo, "vas coa sensación amarga de poderche levar os tres puntos".

No referente á lesión, Sergio apunta o proceso polo que hai que pasar: "hai que levantarse cada día e non te podes quedar ancorado". Agradece o tratamento co corpo médico do Club e o día a día cos compañeiros. "Disto apréndese e faiche máis forte, xa é pasado e agora hai que centrarse en coller ritmo", engade.

Considera que as sensacións do equipo "son de ter máis puntos", pero destaca a gran extensión e a dificultade da liga. As cousas están a facerse ben, "ao xerar tantas ocasións de gol, ao final algunha acabará entrando". 

Ademais, o deportivista aproveita para comentar o seu "disputa positiva" con Obrador. Apunta sobre el que "vai collendo confianza e ten moita enerxía" e que a competencia lles vai a facer mellores aos dous. "Temos unha relación futbolística e persoal moi boa", finaliza o valisoletano.

Finalmente, está convencido de que, grazas á #ANOSAFORZA, "se seguimos nesta liña, os puntos en ABANCA-RIAZOR acabarán chegando". "Confianza no equipo, trabállase incrible e iso dará os seus froitos seguro", conclúe.