Celso Borges e Fabián Schär protagonizaron un choque para #ANosaHistoria no Nizhny Novgorod Stadium na última xornada do grupo E.
Ambos os xogadores, como nos anteriores 2 partidos, foron titulares e estiveron sobre o céspede durante todo este partido, o primeiro da historia das Copas do Mundo no que se enfrontaron dous xogadores pertencentes ao Club blanquiazul.
O partido, que acabou en empate (2-2) foi de poder a poder. Empezou mellor Costa Rica e mesmo Celso puido marcar de espléndida cabezada que salvou o meta suízo Yann Sommer, en colaboración co pau dereito da súa portería.
Os suízos non perdoaron as súas oportunidades e puxéronse por diante até en dúas ocasións. Os 'Ticos' nunca se renderon e acabaron o Mundial cun sorriso.
Suíza pasa á seguinte fase como segunda de grupo, por detrás de Brasil. O seu rival en oitavos de final será Suecia, o martes 3 de xullo ás 16:00 no San Petersburgo Stadium.
Mañá xoves, aínda que xoga Panamá, non haberá representación deportivista, debido a que Ismael Díaz caeu lesionado no seu xeonllo dereito no transcurso dun adestramento.
Segundo informou a Federación Panameña, as probas médicas ás que foi sometido revelan unha "contusión ósea no cóndilo femoral externo do seu xeonllo dereito". O dianteiro fabrilista será baixa no último partido da selección centroamericana no Mundial, mañá xoves 28 de xuño ante Tunisia (20:00 horas).
Este é o calendario de partidos para os 5 deportivistas:
Celso Borges
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
COSTA RICA 0 - SERBIA 1
Venres 22 de xuño
BRASIL 2 - COSTA RICA 0
Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Fabian Schär
Copa do Mundo (Grupo E)
Domingo 17 de xuño
BRASIL 1 - SUÍZA 1
Venres 22 de xuño
SERBIA 1 - SUÍZA 2
Mércores 27 de xuño
SUÍZA 2 - COSTA RICA 2
Oitavos de final
Martes 3 de xullo
16:00: SUECIA - SUÍZA, no San Petersburgo Stadium.
Ismael Díaz
Copa do Mundo (Grupo G)
Luns 18 de xuño
BÉLXICA 3 - PANAMÁ 0
Domingo 24 de xuño
INGLATERRA 6 - PANAMÁ 1
Xoves 28 de xuño
20:00: PANAMÁ - TUNISIA, no Mordovia Area (Saransk)
Michael Krohn-Dehli
Copa do Mundo (Grupo C)
Sábado 16 de xuño
PERÚ 0 - DINAMARCA 1
Xoves 21 de xuño
DINAMARCA 1 - AUSTRALIA 1
Martes 26 de xuño
DINAMARCA 0 - FRANCIA 0
Oitavos de final
Domingo 1 de xullo
20:00: CROACIA - DINAMARCA, no Nizhny Novgorod Stadium
Francis Uzoho
Copa do Mundo (Grupo D)
Sábado 16 de xuño
CROACIA 2 - NIXERIA 0
Venres 22 de xuño
NIXERIA 2 - ISLANDIA 0
Martes 26 de xuño
NIXERIA 1 - ARXENTINA 2