RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"O equipo está ben e demostrou (o venres) que pode sacar isto adiante", apunta Luisinho

Luisinho compareceu ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista cre que o equipo acabou o partido ante o Espanyol do pasado venres con "unha sensación mellor que outros partidos. Sabemos que un punto non serve para nada. Na situación que estás, tes que sumar de 3 en 3 porque a situación é un pouco delicada".

Iso si, segundo Luisinho, o equipo demostrou "que pode ir a máis. Un punto é inxusto, mereciamos os 3. Estivo vivo e no partido desde o primeiro ao último minuto. Creou as mellores oportunidades. En terminos anímicos, o equipo está ben e demostrou que pode sacar isto".

Advirte non obstante que "temos que sacalo o máis rápido posible porque se non na parte final vai ser máis complicado".

Por este motivo, recalca que esta semana, coa visita ao Getafe e o partido do Eibar do sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR, "é moi importante para nós. Cunha vitoria contra o Getafe e despois recibindo ao Eibar pódese sair da zona que estás. Hai que empezar a gañar xa. Non vai ser fácil até o final. Está nas nosas mans. Aínda podemos saír".

En caso contrario, non sumando puntos, "vai ser difícil de saír. Matematicamente non estás fóra pero a falta de 10 partidos, co calendario que temos ao final, non vai ser tan fácil saír".

Confesou que ao final do encontro do pasado venres, no círculo central, Clarece Seedorf, con todos os futbolistas reunidos, "comentounos que esta é a liña para poder sacar o Deportivo da zona que está".

Lembrou con agradecemento o comportamento da afección ao acabar o partido: "A xente sempre está connosco. Demostrou que está connosco, recoñece o traballo do equipo e están sempre aí".

Da visita ao Getafe deste mércores 28 de febreiro no Coliseum Alfonso Pérez (19:30, Bein LaLiga), apunta que "todas as saídas son difíciles. O Getafe está a facer unha gran temporada. É un equipo moi coherente dentro do campo. Encaixa poucos goles. É moi solidario. Até o final non vai haber ningún partido fácil".