RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril 2018-19 vai collendo forma con dúas fichaxes: Diego Villares e Víctor García

O Fabril da próxima temporada vai collendo forma. A Dirección Deportiva e de Fútbol Formativo acaba de pechar as dúas primeiras incorporacións para o filial branquiazul:

-Diego Villares Yáñez (Vilalba, Lugo, 17/06/1996) é un centrocampista dereito procedente do Racing Villalbés, co que acaba de xogar a fase de ascenso a Segunda División B. Esta pasada campaña xogou 37 partidos de liga, todos eles de titular, e anotou 4 dianas. Asinou por 2 temporadas.

-Víctor García Raja (na foto, Xeraco, Valencia, 16/09/1997) é un extremo destro que chega do CF Torre Levante, do grupo 6º de Terceira División. Disputou un total de 39 partidos, 36 deles como titular. Anotou 11 goles, 1 de penalti. Asinou tamén por 2 temporadas.

Por outra banda, Luis Fernández, Martín Bengoa, Álvaro Queijeiro e Jardel non seguirán no Fabril a próxima campaña. O Club quere agradecerlles a súa profesionalidade e dedicación; á vez que lles desexa moita sorte na súa carreira deportiva.

O filial xa ten data de regreso aos adestramentos. Será o vindeiro luns 9 de xullo en Abegondo, coincidindo co primeiro equipo.