O Fabril FC Benxamín supera ao Deportivo Ciudad antes de medirse hoxe ao Orillamar SD no Mini Teresa Herrera
O Fabril FC Benxamín superou (15-0) á Deportivo Ciudad na eliminatoria previa do Trofeo Mini Teresa Herrera.
Leo Galván -4-, Joel Losada -2-, Martín Coronel -2-, César Leira, David Santiago, Gael Fernández, Martín Martelo, Asier Ordax e Leo Barro foron os goleadores fabrilistas nun partido con pouca historia.
Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, Leo Barro, David Santiago, Asier Ordax, Leo Galván, Martín Martelo, Joel Losada e Martín Coronel. Tamén xogaron: Nico Castro, Pablo Couso e César Leira.
Esta tarde ás 18:00 horas en San Pedro de Visma, o Fabril FC Benxamín mídese en cuartos de final ao Orillamar SD.