O Fabril FC Benxamín superou pola mínima ao ED Luis Calvo Sanz no arranque da Fase polo Título da Primera A Coruña
O Fabril FC Benxamín (na foto de arquivo) gañou (1-0) ao ED Luis Calvo Sanz no primeiro partido da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.
Os rivais do conxunto branquiazul son ademais o Atlético Coruña Montañeros CF, Victoria CF, UD Carral e Deportivo.
Decidiu o encontro ante o ED Luis Calvo Sanz un gol de César Leira nun partido moi igualado.
Fabril FC Benxamín: Samuel Cebey, David Santiago, Leo Barro, Martín Martelo, César Leira, Gael Fernández, Pablo Couso e Leo Galván. Tamén xogaron: Nico Castro, Martín Coronel e Joel Losada.
O próximo rival do conxunto que prepara Alberto Bonigno é o Deportivo, o xoves 21 de marzo ás 19:00 en Abegondo, en choque adiantado ao fin de semana.