RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL FC

O Fabril FC Benxamín xa está en semifinais do Mini Teresa Herrera ao derrotar en cuartos ao Orillamar SD

O Fabril FC Benxamín xa está en semifinais do Mini Teresa Herrera após derrotar esta tarde (8-0) ao Orillamar SD en cuartos de final.

Martín Coronel -4-, Leo Galván -3- e Joel Losada foron os goleadores fabrilistas.

Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, Asier Órdax, Leo Barro, Pablo Couso, David Santiago, Joel Losada, Martín Coronel e Leo Galván. Tamén xogaron: Martín Martelo, Nico Castro e Joel Losada.

Mañá xoves ás 18:00 na Grela o conxunto de Alberto Bonigno e Sergio Maurente mídese en semifinais ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados do Fabril FC Benxamín nesta edición do Mini Teresa Herrera son os seguintes:

Eliminatoria previa
Fabril FC Benxamín 15 (Leo Galván -4-, Joel Losada -2-, Martín Coronel -2-, César Leira, David Santiago, Gael Fernández, Martín Martelo, Asier Ordax e Leo Barro) - Deportivo Ciudad 0

Cuartos de final
Fabril FC Benxamín 8 (Martín Coronel -4-, Leo Galván -3- e Joel Losada) - Orillamar SD 0